Patrimonio subacuático

A ruta dos naufraxios

Buceo Finisterre

A Costa da Morte suma máis naufraxios que todo o conxunto do litoral español. Foi, é e será un punto estratéxico nas rutas marítimas mundiales. Dende que o home navega foi escenario dos accidentes marítimos máis dramáticos, sendo testemuña permanente do discorrer dos tempos. Baixo as súas augas descansan galeóns, submarinos, acorazados, mercantes, veleiros, aeronaves e unha infinidade de barcos de diferentes épocas, tipos, tamaños e orixes.

A unhas vinte millas mar adentro atópase o Corredor Marítimo de Fisterra, unha gran autopista do mar por onde navegan barcos de múltiples nacionalidades. Cerca de 50.000 ao ano!

Galician Seas Finisterre Shipwrecks é un proxecto orientado a poñer en valor o patrimonio subacuático do noroeste español e, de forma específica, os barcos afundidos ao longo da historia en augas da Costa da Morte entre Fisterra e Porto do Son.

Aquí están localizados os restos de barcos de diferentes épocas e nacionalidades, que debido a temporais, fatalidades ou episodios bélicos acabaron no fondo do mar neste territorio.

Con este proxecto pretendemos achegar ao público a realidade deste patrimonio subacuático, documentar e poñer en valor este importante legado histórico para o dominio público e promover a súa conservación e protección. Pretende ser unha homenaxe a aqueles que perderon a vida ou sufriron neses accidentes marítimos, pero tamén aos veciños deste territorio costeiro que, arriscando as súas vidas, sempre acudiron ao náufrago para esquivar a traxedia.

Galician Shipwrecks

Creamos y señalizamos dúas rutas que percorren a costa por terra tras la pegada dos naufraxios. A primeira delas, ubicada na zona norte, está adicada aos galeóns, como os da Flota de Padilla, que no século XVI naufragaron en augas de Fisterra. A segunda, cóntanos as historias dos buques de guerra que xacen no fondo da Costa da Morte. Ambos itinerarios están sinalizados con sinais que conteñen códigos QR e emisores NFC que, usando un dispositivo móbil con conexión a internet, amosaranche información detallada sobre cada naufraxio e axudaranche a coñecer mellor o territorio.

Saber máis