Gastronomía sostible

Oferta gastronómica

Oferta gastronómica
pizza de pulpo

Como oferta gastronómica, La Bayonnaise opta por unha cociña de mercado baseada na valorización dos produtos da ría máis desestimados, como é o caso da xarda, o xurelo, o melgacho ou a raia, a través dunha refinada elaboración. Combinamos unha cociña tradicional, da que é protagonista o polbo, coa innovación ao incorporar as algas como ingrediente nos nosos pratos.

Empregamos distintos tipos de algas para dar á nosa cociña un característico sabor a mar: leituga de mar, nori, wakame, luminaria e kombu. Algúns dos pratos que incorporan estas algas son:

  • Pizza de raxo con algas, á que a leituga de mar otorga un intenso sabor a mar.
  • Callos, aos que o aderezo de wakame e nori engade un toque exótico e un lixeiro sabor a mar.
  • Lasagna, que incorpora leituga de mar, alga wakame e luminaria.
  • Salsa de churrasco, que combina os sabores das algas wakame, luminaria, kombu e leituga de mar.

Garantía de calidade

Garantía de calidade

O noso establecemento conta con dous selos de procedencia que garanten a calidade dos nosos produtos: Pulpo de Lonja e Mar Galaica Km0.

Mar Galaica Km 0O selo promocional Km 0 Margalaica garante que o restaurante con este distintivo ofrece fundamentalmente peixes e mariscos procedentes das lonxas locais, que non sufriron transportes de máis de 100 Km e que foron capturados con métodos de pesca artesanal por mariñeiros e mariscadoras da terra, que viven do mar de Mar Galaica e que queren seguir vivindo del moitos anos máis

pulpo de lonjaPulpo de Lonja é a marca baixo a que se comercializa o polbo procedente das cofrarías de Finisterre, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son que se vende a través de Lonja en La Red, unha plataforma de poxas virtual impulsada polo Grupo de Acción Costeira 4 a finales del 2013. Esta marca garante a orixe e a calidade do polbo ante os consumidores. A etiqueta Pulpo de Lonja identifica o produto no punto de venta e nos establecementos de hostelería nos que se serve.