Descubre

La bayonnaise 1803

 
heading-icon
 

'A lenda dos naufraxios'

Patrimonio subacuático

La Bayonnaise era unha espectacular corbeta de vela e casco de madeira forrado de cobre que contaba con tres paus. Desplazaba 310 toneladas e foi construída en 1794 por Bastiat, Dufourc et fils, na localidade francesa de Baiona. Contaba con vintecatro canóns de 8 libras a bordo, que se completaban con catro canóns de borda e dúas carronadas de 32 libras. O navío cubría a ruta de La Habana a Ferrol cando era perseguido polo buque inglés HMS Ardent, de 64 canóns. La Bayonnaise foi embarrancado pola súa propia tripulación, que o abandonou tras prenderlle lume. O buque estalou a media noite.

O noso proxecto

O noso proxecto
mapa inmersiones

La Bayonnaise 1803 é un local de restauración que ten como obxectivo animar ao visitante a coñecer a historia do patrimonio subacuático de Fisterra, transmitindo a lenda dos naufraxios na temática decorativa, adecuando a forma do establecemiento á corbeta La Bayonnaise naufragada en 1803 frente ás costas da localidade. É ademáis o único establecemento da localidade orientado a valorizar o produto infravalorado da ría (xurelo, xarda, melgacho, raia o distintos tipos de algas) poñéndoo á altura doutros peixes de recoñecido prestixio.

galicianSeas5

A nosa cociña

A nosa cociña