La Bayonnaise

Bayonnaise

La Bayonnaise era unha espectacular corbeta de vela e casco de madeira forrado de cobre que contaba con tres paus. Desplazaba 310 toneladas e foi construída en 1794 por Bastiat, Dufourc et fils, na localidade francesa de Baiona. Contaba con vintecatro canóns de 8 libras a bordo, que se completaban con catro canóns de borda e dúas carronadas de 32 libras. O navío cubría a ruta de La Habana a Ferrol cando era perseguido polo buque inglés HMS Ardent, de 64 canóns. La Bayonnaise foi embarrancado pola súa propia tripulación, que o abandonou tras prenderlle lume. O buque estalou a media noite.

Esta corbeta francesa foi protagonista dunha famosa fazaña bélica. O 14 de decembro de 1798, baixo o mando do Lieutenant de vaisseau Jean-Baptiste-Edmond Richer, abordou e apresou a fragata de guerra inglesa HMS Ambuscade, moito máis poderosa que a corbeta gala, e que estaba equipado con corenta e dous canóns de 24 e 18 libras.

No ano 2009, o noso equipo, dentro do Proxecto Finisterre de catalogación arqueolóxica subacuática, localizou o pecio da corbeta da Armada Francesa Bayonnaise, na que hoxe se coñece como praia de Langosteira, a seis metros de profundidade. O pecio era coñecido polos mariscadores de Finisterre e está situado nunha paraxe submarina coñecida como “O Limpo do Francés”. Foi recoñecida por unha peza de artillería, as innumerables balas de canón e mosquete que conserva no seu interior e o forro de cobre que lle facilitou a fuxida do navío inglés HMS Ardent que lle daba caza, todavía limpo de incrustacións despois de 200 anos baixo o mar.

Consérvanse numerosos obxectos e materiais de uso cotián xunto con gran parte do casco soterrado na area. Chama a atención o liviano da súa estrutura constructiva, e é que, non o olvidemos, a Bayonnaise era un buque corsario, non estaba pensada para o combate ou para transportar cargas, a súa prioridade era a velocidade e para esto sacrificara peso estrutural.

Pecio Bayonaise